Galego Castellano
adorno
  • Fundación
  • Semente
  • Presentación ...
  • Máis asociación ...
  • Presentacion
  • Máis presentación ...

QUÉN SOMOS

A Asociación Semente de Monforte naceu nos comezos do ano 2.014, a raíz do premio da lotería de Reis que o 6 de Xaneiro deixou unha choiva de cartos na cidade. Varios agrazados, movidos por un afán solidario, pensaron en que debería existir un xeito de revertir na sociedade monfortina unha parte da sorte que recibiron.

Contactaron entón co alcalde Severino Rodríguez, a periodista Xulia Otero e a expresidenta do Tribunal Constitucional, Mª Emilia Casas, e outras persoas da sociedade local, en ámbitos da cultura, o empresariado ou o deporte, como Xosé Ramón Casanova, Jesús Ovidio Pérez Reñones, Manuel López Eiriz, etc.

O obxectivo era dobre: promover a solidariedade entre o pobo monfortino e “sementar” iniciativas empresariais que desen pulo ao desenvolvemento económico de Monforte e a súa contorna. Para tales fins, os promotores da idea pediron a colaboración do resto da cidadanía, abrindo unha conta solidaria e solicitando aos monfortinos calquera axuda que poidesen aportar.

Paralelamente, fixéronse xestións con empresas de Monforte e doutras partes do estado, e contactos con organismos como o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Universidade da Coruña. Coa colaboración de todos eles, organízase o I CONCURSO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE”.
 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS
 
prodesin.com