Galego Castellano
 

INICIATIVAS / 3º CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS

¿Tés unha idea e buscas financiación? ¿Falta un empuxón ao teu proxecto?

En colaboración con 10 empresas, o Concello de Monforte de Lemos, o
 Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e as Universidade da Coruña, Santiago e Vigo, a asociación "Semente de Monforte" convoca o III CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS.  O certame, dotado con 15.000 € en premios, busca ideas innovadoras e viables, e galardonará os 3 proxectos gañadores. Serán considerados especialmente aqueles desenvolvidos en Monforte ou que teñan como obxectivo a posta en valor dos recursos da Ribeira Sacra.

O concurso ten catro fases:
  • Presentación de ideas
  • Selección de ideas polo xurado
  • Presentación de proxectos
  • Selección de proxectos gañadores
Consulta as bases, anímate e participa, é moi sinxelo e tés de prazo ata o 15 de Novembro. Rexístrate en "Acceso Concursantes", e envíanos a túa proposta. SORTE!
 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS
 
prodesin.com