Galego Castellano
 

INICIATIVAS / 3º CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS

                   III  CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS
                                 “SEMENTE   MONFORTE”   
                                                        
                    BASES DA CONVOCATORIA 2016-2017
 
OBXECTIVO
 
A asociación “SEMENTE MONFORTE”, en colaboración coas empresas que se relacionan no anexo destas bases, o Concello de Monforte de Lemos, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocan o III CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “SEMENTE MONFORTE” coa finalidade de estimular as persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento empresarial  establece uns premios conforme a estas bases.
 
 
BASES:
 
 
Artigo 1. PARTICIPANTES
 
Poderá participar calquera persoa física que propoña unha idea empresarial. Poderá presentarse calquera proxecto, a excepción dos premiados en calquera das anteriores edicións do Concurso de Proxectos SEMENTE MONFORTE.
 
Artigo 2. SOLICITUDES
 
As persoas interesadas deberán solicitar a súa inscrición a través do sitio web:  www.sementedemonforte.org
 
Artigo 3. DOCUMENTACIÓN.
 
Xunto co formulario de inscrición, deberase achegar a información que figura no Anexo 2 destas bases no formato da propia solicitude que se descargará da paxina web.
 
Artigo 4. PRAZO
 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 15 de Outubro ata o 15 de Novembro de 2016. Non se admitirá ningunha solicitude rexistrada fóra do prazo indicado.
 
Artigo 5. FORMA
 
As solicitudes e a documentación establecidas nos artigos 2 e 3 so poderán presentarse telematicamente a través da web: www. sementedemonforte.org
 
Artigo 6. XURADO
 
Estará composto por:
 
  • Un representante de cada unha das 10 empresas que participan no presente concurso.
 
  • Un representante do Concello de Monforte de Lemos
 
  • Un representante de cada unha das Facultades das Universidades de Economía e Empresa de Galicia. (U.D.C.) (U.S.C.) (UVIGO).
 
  • Un representante do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).
 
  • Dous persoas que designe a Asociación SEMENTE MONFORTE.
 
 
 
Artigo 7. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE IDEAS
 
O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
 
 
 
Artigo 8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PROXECTOS
 
  1. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado farao público o 15 de decembro de 2016, no sitio web www.sementedemonforte.org.
 
  1. As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas deberán entregar, como data tope o 31 de xaneiro de 2017, o proxecto rematado no formato que se estableza, así como a seguinte documentación:
 
  1. Fotocopia do documento de identidade.
  2. Descrición detallada do proxecto e do seu Plan de Negocio e Financeiro segundo o modelo que figura no Anexo 3 destas bases no formato que se descargará da páxina web.
 
3. Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará a cada  un destes proxectos para a súa exposición e defensa, que se realizará no Concello de Monforte de Lemos o sábado día 18 de marzo de 2017. Ese mesmo día o xurado emitirá o seu fallo e entregaranse os premios.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Artigo 9. VALORACIÓN DE IDEAS E PROXECTOS
 
 
As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento no Concello de Monforte de Lemos terán unha consideración especial na súa valoración. O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.
 
Artigo10. PREMIOS
 
Os premios, que estarán suxeitos á retención legal correspondente, concederanse por proxecto, con independencia do número de participantes no mesmo, e a súa contía será a seguinte:
 
1º PREMIO.    ………………………………….…………   8.000 Euros.
2º PREMIO.    …………………………………………….   4.000 Euros.
3º PREMIO.    …………………………………………….   3.000 Euros.
 
Cada unha das ideas seleccionadas recibirá un diploma de participación.
 
Artigo 11. ENTREGA  DE PREMIOS E DIPLOMAS
 
As persoas gañadoras e finalistas recibirán os premios e diplomas nun acto público que se celebrará o mesmo día 18 de Marzo de 2017 en Monforte de Lemos.
 
 
Artigo 12. FINANCIAMENTO  DE  PROXECTOS
 
Á marxe destas bases, as empresas que participan no concurso poderán propor financiamento para calquera dos proxectos finalistas, en cuxo caso, as condicións serán as que pacten as partes de forma privada, sen ningún compromiso para a organización do premio, se ben no caso de realizarse, a organización poderá facelo público.
 
 
Artigo 13. ACEPTACIÓN DAS BASES
 
A presentación ao concurso implica a plena aceptación da totalidade das súas bases e do fallo do xurado.
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN pódese contactar con:
ASOCIACION SEMENTE MONFORTE no email: sementedemonforte@sementedemonforte.org
 
 
 
 
ANEXO 1: Empresas colaboradoras por orde alfabética:
 


 
  • FUNDACION LOPEZ - OROZCO
 
 
  • BARBOSA  E HIJOS. S.L.
 
 
  • BRICOKING.
 
 
  • DIMAGA. (MONFORTE)  
 
  • ESTRELLA GALICIA.
 
 
  • GADISA.
 
 
  • INVERAVANTE (HOTEL ATICA).
 
 
  • PEREZ RUMBAO.

  • R CABLE
 
  • CONCELLO DE MONFORTE

ANEXO 2: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 3 das Bases da Convocatoria 2016-2017 do III Concurso de proxectos Empresariais “Semente Monforte”)
 
  1. Título do proxecto (máximo 20 palabras)
  2. Descrición xeral do idea (máx. 300 palabras)
  3. Oportunidade do proxecto (máx. 150 palabras)
  4. Puntos fortes do proxecto (máx. 150 palabras)
  5. Breve descrición temporal da formulación e implantación do proxecto: fases, prazos, etc. (máximo 150 palabras).
 
 
ANEXO 3: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 8.2.b das Bases da Convocatoria 2016-2017 do III Concurso de proxectos Empresariais “Semente Monforte”)
 
  1. Título do proxecto (máximo 20 palabras)
  2. Descrición xeral do idea (máx. 300 palabras)
  3. Análise do contorno.
  4. Formulación da matriz DAFO (puntos débiles, ameazas, fortalezas e oportunidades).
  5. Xustificación do proxecto en función das capacidades do equipo emprendedor e das oportunidades do contorno.
  6. Explicación do xeito que se acometerá para superar as debilidades do proxecto e afrontar as ameazas do contorno.
  7. Xustificación da viabilidade comercial do proxecto
  8. Xustificación da viabilidade técnica do proxecto
  9. Descrición dos investimentos precisos e das fontes de financiamento.
  10. Obxectivos que se pretenden acadar con calendario de realización
  11. Cronograma do proxecto: horizonte anual
  12. Planificación no medio e longo prazo: horizonte cinco anos.
  13. Proxeccións financeiras (vendas, custos, investimentos, financiamento, etc.)
  14. Plan financeiro a cinco anos: contas de resultados e balances previsionais, estado previsional de recursos xerados, de necesidades netas do capital corrente, orzamento de capital e estado provisional de tesouraría.
  15. Análise da viabilidade económico-financeira do proxecto.
  16. Comentarios finais.
 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS