Galego Castellano
 

NOVAS

 

Xornada de presentación de axudas para emprendedores

Xornada de presentación de axudas para emprendedores
22 de xaneiro de 2016


Semente de Monforte e o Instituto Galego de Promoción Económica organizan unha xornada en Monforte lo luns 25 de Xaneiro

A Asociación Semente de Monforte e o Instituto Galego de Promoción Económica están a organizar un acto de presentación da liña de axudas para novos emprendedores “GALICIA EMPRENDE”, que terá lugar en Monforte o vindeiro luns 25 de Xaneiro as 18:00h, no salón de actos do Centro do Viño e será presentado polo Director Xeral do IGAPE, Javier Aguilera.
O acto está aberto á tódolos interesados, e foron convidados tamén os participantes nas sucesivas edicións do concurso de proxectos empresariais.
A liña de axudas GALICIA EMPRENDE busca fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS
 
prodesin.com