Galego Castellano
 

NOVAS

 

O 2º Concurso de Proxectos Empresariais recibe máis de 50 propostas

O 2º Concurso de Proxectos Empresariais recibe máis de 50 propostas
02 de novembro de 2015


Pechado o prazo de presentación de ideas, os concursantes achegaron máis de 50 propostas a través da web.
Ate o 30 de Novembro, o xurado deliberará para seleccionar dez de entre todas as presentadas.

A meirande parte dos proxectos proceden da comunidade autónoma, pero tamén se recibiron dende outros puntos da xeografía española, como Sevilla, Valencia, Madrid ou Málaga. A súa temática é moi variada, predominando as de índole tecnolóxica e as relacionadas co medio ambiente.

O día 1 de Decembro farase pública a lista dos 10 finalistas, que deberán presentar os seus proxectos con máis detalle e defendelos diante do xurado o 12 de Marzo do vindeiro ano. Lembramos que o certame está dotado con 20.000€ en premios, amáis de ofrecer a posibilidade de contactar con importantes grupos inversores.
A Asociación Semente de Monforte, creada na vila lucense tras ser agraciada co premio gordo da lotería de Reis, puxo en marcha o concurso co patrocinio de 18 empresas e a colaboración de 3 universidades galegas e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica.


 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS
 
prodesin.com