Galego Castellano
 

NOVAS

 

Listado de ideas seleccionadas

Listado de ideas seleccionadas
01 de decembro de 2014


10 ideas seleccionadas no I Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte
 

O xurado da 1ª edición do Concurso de Proxectos Empresariais "Semente de Monforte" ven de reunirse, o pasado xoves día 27 de Novembro para seleccionar 10 de entre as máis de 80 presentadas nesta primeira convocatoria.

Tal como establecen as bases, os concursantes deberán presentar, antes do 31 de Xaneiro de 2015, todo a documentación do proxecto na súa área privada da web.

Dito proxecto será presentado polo autor ante o xurado o 14 de Marzo de 2.015, e os tres primeiros clasificados recibirán os premios establecidos na convocatoria, 10.000€, 6.000€ e 4.000€, respectivamente.

As ideas seleccionadas para a seguinte fase son:
 

  • ControlCrop. Control a tempo real do crecemento e maduración da uva para mellorar a calidade e diminuír custos de produción.
  • e-Monte Plataforma web para facilitar a compravenda de lotes de madeira.
  • TEH Twenty European Houses. Fabricación de viviendas ecológicas, sostenibles, modulares y económicas a partir de la reutilización de contenedores marítimos.
  • Creación de un Universo Didáctico Infantil "Keko e os Tukos"
  • Una nueva Era de la Agricultura Ecológica despierta en Monforte
  • Light transmisión: Transmisión da información no espectro visible.
  • Biofergo, aproveitamento da masa forestal para fabricar briquetas, pellets e astillas.
  • Monforest Empresa de servizos medioambientais e forestais para a Comarca de Terra de Lemos
  • RIBEIRA SACRA: RECENDO DUNHA TERRA MILENARIA
  • Planta de compostaxe aerobia: COMPOSTERRA

A asociación "Semente de Monforte" agradece a alta participación así como a calidade das ideas presentadas.

 

 
Unha iniciativa pola solidariedade e o desenvolvemento económico da comarca de
MONFORTE DE LEMOS
 
prodesin.com